viernes, 28 de junio de 2013

Tragsatec. Seguimos sen respostas ante o Despedimento Colectivo

Estimados compañeiros e compañeiras:

Todos compartimos a rumoroloxía que se estende cada vez máis con respecto ao despedimento colectivo en Tragsatec, rumores que van crecendo ante a falta de información por parte da empresa. Pois ben, tivemos coñecemento que o sindicato CSIF emitiu un comunicado segundo o cal foron convocados pola empresa o día 14 de Xuño, sen coñecemento do resto de representación social. Na devandita reunión anúnciaselles que o famoso diagnóstico está rematado, presentado á Comisión Interministerial e que no prazo aproximado de 15 días se devolvería á Empresa, para que esta faga o que xulgue oportuno.

miércoles, 26 de junio de 2013

Tragsatec non aboará incremento salarial nin atrasos

O pasado día 14 de xuño asinouse o XVII Convenio Colectivo de Empresas de Enxeñarías e Oficinas de Estudos Técnicos, por parte de COMFIA-CCOO, Fes-UGT e a patronal Tecniberia.

A liña que sempre seguiu COMFIA-CC.OO. está marcada pola prudencia, posto que o texto definitivo dun Convenio non é oficial ata cumprir os trámites legais que pasan polo exame completo do Convenio e o rexistro e depósito e en caso de que sexa conforme a dereito, a súa publicación no BOE.
  

miércoles, 12 de junio de 2013

Tragsatec. Permiso de lactación para o pai


Dende a Sección Sindical de COMFIA-CC.OO solicitouse á empresa, en reiteradas ocasións, a aplicación da modificación introducida na Reforma laboral Lei 3/2012 do 6 de xullo, que recoñece o dereito individual dos homes a gozar do período de lactación posto que se recibiran negativas dende RR.HH das distintas Delegacións Autonómicas.

martes, 11 de junio de 2013

Tragsatec. Flexibilidade en xornada intensiva

Un ano máis, o Comité de Empresa de Tragsatec Coruña acorda coa dirección da empresa, flexibilizar o horario durante a xornada de verán co fin de compatibilizalo cos horarios de escolas infantís e colexios nos seguintes termos: 

1. Dende o 15 ao 30 de xuño e dende o 1 ao 15 de setembro permitirase a realización da xornada laboral (7 horas e 12 minutos) en xornada partida, seguindo os criterios establecidos para a xornada de inverno (entrada entre as 7:45 e 9:30 e saída ata as 21:00). Aqueles traballadores que se acollan a esta posibilidade non xerarán dereito a cheque comida. 

2. Dende o 01 de xullo ao 31 de agosto permitirase a entrada entre as 7:45 e as 9:30, realizándose a xornada laboral (7 horas e 12 minutos) de forma intensiva.

A empresa acepta sempre e cando as necesidades do servizo así o permitan e os seus responsables directos estén de acordo.

Seguimos traballando, seguimos informando.

lunes, 10 de junio de 2013

Tragsatec. Reunión Comisión de Formación 6 de xuño de 2013

O xoves día 6 de xuño convocouse á Comisión Estatal de Formación para tratar os seguintes puntos:

  • Plan de formación 2013
  • Competencias en materias formativas a nivel de unidades territoriais
  • Formación para a empleabilidade
  • Dereito a 20 horas de formación segundo a reforma laboral
  • Cargo do custo de formación de proxectos centralizados

martes, 4 de junio de 2013

ERE no CEAM

A petición do Comité de Empresa do "Centro de Estudios Ambientales del Meditarráneo (CEAM)", facemos pública unha carta do Comité e unha noticia publicada no diario Levante sobre o ERE que se está a aplicar nesta empresa pública.