lunes, 30 de diciembre de 2013

ERE Tragsatec. Presentada demanda perante a Audiencia Nacional

Informamos que hoxe as Seccións Sindicais de CC.OO, UGT e CGT interpuxemos demanda perante a Audiencia Nacional contra o ERE en Tragsatec.

jueves, 19 de diciembre de 2013

Escrito presentado por Martín Piñeiro

Queremos facer público este escrito do compañeiro Martín Piñeiro, exemplo de compañeirismo e solidaridade.

Apertas!!!

Escrito presentado
________________________________
De: Martin Piñeiro Gonzalez
Enviado: miércoles, 18 de diciembre de 2013 8:47
Para: Comité Tragsatec Coruna
Asunto: Solicitude

Bos días:

Xunto á miña solicitude de FAS que presento no día de hoxe, achego este escrito que pido que sexa tido en conta pola vosa parte e comunicado ao resto de traballador@s<mailto:traballador@s> por consideralo unha reclamación de xustiza social.

Moitas grazas. Saúdos,

martes, 17 de diciembre de 2013

ERE Tragsatec. Comfia - CC.OO presentará demanda ante a Audiencia Nacional

Publicamos un comunicado no que tratamos de resolver unha serie de dúbidas sobre o PDC en Tragsatec y no que confirmamos que Comfía - CC.OO presentará demanda ante a Audiencia Nacional.

Comunicado

Tragsatec non aboará a subida do IPC pactada en Convenio

A Dirección da empresa acaba de confirmar que non aboará a subida do 0,8% que marca o Convenio Colectivo por aplicación da Lei de PGE.

Os servizos xurídicos de Comfía-CC.OO xa están traballando nunha posible demanda de conflicto colectivo. Independemente disto, calquera traballador pode interpor demanda individual para reclamar a regularización so seu salario e o pagamento dos atrasos correspondentes dende o 1 de xaneiro de 2013.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Tragsatec. Convenio Enxeñarías.

Publicamos un comunicado sobre a denuncia do Convenio de Enxeñarías e a constitución da mesa negociadora. 

Ainda que o último Convenio firmado foi publicado hai poucos meses e entrou en vigor hai apenas uns días, a súa vixencia remata o 31 de decembro de 2013, polo que empezamos outra vez coa súa negociación.

Comunicado

martes, 10 de diciembre de 2013

ERE Tragsatec. Mobilización 10 de decembro de 2013

Publicamos un comunicado sobre a concentración diante da Xunta de Galicia contra o maior ERE no sector público ata o momento.

É necesaria a participación activa de todos, a defensa dos postos de traballo é tarefa de todos e cada un de nos.

jueves, 5 de diciembre de 2013

ERE Tragsatec. Mobilizacións

Publicamos comunicados da Sección Sindical Estatal e do Comité de Empresa de A Coruña sobre as mobilizacións que se están a levar a cabo e outras que se están a barallar.