Publicamos un comunicado do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña sobre a reunión que mantiveron coa dirección de empresa o pasado mércores 26 de febreiro.
Publicamos un comunicado da Sección Sinidcal Estatal relativo á data de xuizo pola demanda colectiva interposta contra o Procedemento de Despedimento Colectivo.
Tamén publicamos a citación da Audiencia Nacional para o voso coñecemento.
A dirección de empresa acábanos de comunicar que esta semana iniciarán a fase dos despedimentos forzosos e que esta durará ata o 31 de decembro de 2014, tal e como estaba exposto na memoria explicativa.
Volvemos a publicar o último comunicado da Sección Sindical Estatal no que explicabamos que facer no caso de recibir calquera notificación de despedimento.
Estamos a vosa disposición para o que poidades precisar.
Publicamos un comunicado da Sección Sindical Estatal no que se informa sobre a entrega dos primeiros finiquitos do ERE en Tragsatec e se fai unha serie de recomendacións no caso de recibir a comunicación de despedimento.