Informamos que no plenario celebrado esta mesma tarde, nomeouse a Miguel Ángel Carrascosa Cadavid como novo Delegado Sindical (LOLS) desta Sección Sindical para o centro de traballo de A Coruña.
jueves, 27 de marzo de 2014
Prestación económica para fillas e fillos
Publicamos un resumo feito pola Secretaría de Política Social, Estudos e Cultura de CC.OO sobre a prestación por fillas e fillos menores de tres anos.
miércoles, 26 de marzo de 2014
ERE Tragsatec. Nota de prensa aprazamento xuizo.
Publicamos nota de prensa da Sección Sindical Estatal sobre o aprazamento do xuizo do ERE de Tragsatec ao 27 de maio.
Nota de prensa
Nota de prensa
Tragsatec. Elección de nov@ Delegad@ Sindical (LOLS)
Como sabedes o noso compañeiro Víctor Barón vaise da empresa. Iso implica que Aranzazu Torrecillas pasará a ser a partir de mañán membro de pleno dereito do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña e deixará de ser Delegada Sindical deste Sección Sindical sendo preciso elixir a outra persoa que asuma a responsabilidade de Delegada/o Sindical.
Polo tanto convócase ás afiliadas e afiliados de CC.OO en Tragsatec A Coruña a un plenario que se celebrará mañán 27 de marzo as 17:00 en dependencias de CC.OO en San Lázaro (enfrente ao Hotel "Puerta del Camino") para proceder á votación de candidaturas presentadas.
As Afiliadas e Afiliados da provincia de A Coruña poden presentar a súa candidatura a Delegada/o Sindical ata mañán 27 de marzo as 12:00 enviando un correo electrónico a esta Sección Sindical (tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es)
martes, 25 de marzo de 2014
Convenio Enxeñarías. Presentación de plataformas
Publicamos un comunicado de Comfia-CC.OO sobre a presentación das plataformas de negociación da parte social e da patronal.
Como podedes observar a patronal establece como uns dos seus obxectivos a eliminación do Plus de Antiguedade, única forma que temos a día de hoxe de poder percibir unha pequena subida salarial.
Tragsatec. Fondo de Axuda á Vivenda 2013 (FAV2013)
Publicamos un comunicado da Sección Sindical Estatal sobre a convocatoria do FAV 2013.
Tamén actualizamos no blog o enlace permanente ao reglamento do FAV.
sábado, 22 de marzo de 2014
Convenio Enxeñarías. Constitución da mesa negociadora.
Publicamos un comunicado sobre a constitución da mesa negociadora do Convenio Colectivo.
Será unha negociación difícil. A patronal ten unha fixación con suprimir a antiguedade, única forma que temos, neste momento, de poder desfrutar dun pequeno incremento nas nosas retribucións xa que, como sabedes, Tragsatec non aboa os incrementos de IPC pola aplicación da "Ley de Presupuestos Generales".
martes, 18 de marzo de 2014
ERE Tragsatec e pago DPO
Publicamos un novo comunicado da Sección Sindical Estatal sobre o xuizo xa celebrado do ERE Tragsa e sobre o que se celebrará o vindeiro luns 24 do ERE Tragsatec.
Publicamos tamén un artigo publicado en Infolibre sobre o pagamento de incentivos en empresas en procesos de EREs, entre elas o Grupo Tragsa.
![]() |
Contra o maior ERE no Sector Público ata o momento |
![]() |
Aquí sobran directivos. Ao fondo a Audiencia Nacional |
martes, 11 de marzo de 2014
ERE Tragsatec. Resposta a comentarios de petición de acordo
A seguinte entrada foi publicada no apartado "anuncios libres" do correo de Tragsa e é a resposta a algunhas solicitudes feitas por compañeiros que piden ás Seccións Sindicais que negocien coa empresa e non vaiamos ao xulgado.
ERE Grupo Tragsa. Proposta de acordo presentada pola empresa
Publicamos a proposta de acordo presentada pola empresa perante a Audiencia Nacional e unha noticia relacionada publicada en Infolibre.
lunes, 3 de marzo de 2014
Tragsatec. Reunión coa Dirección de Empresa
Publicamos un comunicado sobre a reunión coa Dirección da Empresa do pasado 27 de febreiro na que se trataron os seguintes asuntos:
1.- Información económica estatal 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)