viernes, 26 de julio de 2013

Tragsatec. DPO pagada. ERE aprazado.


O pasado 24 de xullo as Seccións Sindicais en Tragsatec tivemos unha reunión coa dirección da empresa na que se nos informou oficialmente do aprazamento do ERE ata pasadas as vacacións de verán, debido a procedementos especificos de autorizacións especiais que levan as empresas pertencentes ao Sector Público (Comisión Interministerial). Non puideron darnos unha data concreta de inicio de procedemento, o único que dixeron é que ata setembro non se iniciará ningún contacto a este respecto coas Seccións Sindicais nin se facilitará documentación nin información ningunha ata poucos días antes do inicio do período de consultas. Previamente terán que actualizar os datos a unha data máis próxima ao inicio da negociación.


viernes, 28 de junio de 2013

Tragsatec. Seguimos sen respostas ante o Despedimento Colectivo

Estimados compañeiros e compañeiras:

Todos compartimos a rumoroloxía que se estende cada vez máis con respecto ao despedimento colectivo en Tragsatec, rumores que van crecendo ante a falta de información por parte da empresa. Pois ben, tivemos coñecemento que o sindicato CSIF emitiu un comunicado segundo o cal foron convocados pola empresa o día 14 de Xuño, sen coñecemento do resto de representación social. Na devandita reunión anúnciaselles que o famoso diagnóstico está rematado, presentado á Comisión Interministerial e que no prazo aproximado de 15 días se devolvería á Empresa, para que esta faga o que xulgue oportuno.

miércoles, 26 de junio de 2013

Tragsatec non aboará incremento salarial nin atrasos

O pasado día 14 de xuño asinouse o XVII Convenio Colectivo de Empresas de Enxeñarías e Oficinas de Estudos Técnicos, por parte de COMFIA-CCOO, Fes-UGT e a patronal Tecniberia.

A liña que sempre seguiu COMFIA-CC.OO. está marcada pola prudencia, posto que o texto definitivo dun Convenio non é oficial ata cumprir os trámites legais que pasan polo exame completo do Convenio e o rexistro e depósito e en caso de que sexa conforme a dereito, a súa publicación no BOE.
  

miércoles, 12 de junio de 2013

Tragsatec. Permiso de lactación para o pai


Dende a Sección Sindical de COMFIA-CC.OO solicitouse á empresa, en reiteradas ocasións, a aplicación da modificación introducida na Reforma laboral Lei 3/2012 do 6 de xullo, que recoñece o dereito individual dos homes a gozar do período de lactación posto que se recibiran negativas dende RR.HH das distintas Delegacións Autonómicas.

martes, 11 de junio de 2013

Tragsatec. Flexibilidade en xornada intensiva

Un ano máis, o Comité de Empresa de Tragsatec Coruña acorda coa dirección da empresa, flexibilizar o horario durante a xornada de verán co fin de compatibilizalo cos horarios de escolas infantís e colexios nos seguintes termos: 

1. Dende o 15 ao 30 de xuño e dende o 1 ao 15 de setembro permitirase a realización da xornada laboral (7 horas e 12 minutos) en xornada partida, seguindo os criterios establecidos para a xornada de inverno (entrada entre as 7:45 e 9:30 e saída ata as 21:00). Aqueles traballadores que se acollan a esta posibilidade non xerarán dereito a cheque comida. 

2. Dende o 01 de xullo ao 31 de agosto permitirase a entrada entre as 7:45 e as 9:30, realizándose a xornada laboral (7 horas e 12 minutos) de forma intensiva.

A empresa acepta sempre e cando as necesidades do servizo así o permitan e os seus responsables directos estén de acordo.

Seguimos traballando, seguimos informando.