miércoles, 21 de noviembre de 2012

SEGUEN OS DESPEDIMIENTOS EN TRAGSATEC, ESTA VEZ EN VALENCIA

A Dirección da Empresa comunicou onte ao Comité de Empresa de Tragsatec en Valencia o despedimento obxetivo de 4 compañeiros con moitos anos de experiencia na casa (algún con máis de 11 anos). Ademáis diso, comunicou tamén o desprazamento de Valencia a Madrid e a baixada salarial de dous compañeiros (un deles con máis de 60 anos de idade).

É inaceptable que a Empresa tome este tipo de medidas cando estamos ás portas de iniciar unha negociación global para tratar de solucionar os problemas en Tragsatec. Nin sequera plantexaron medidas alternativas como podería ser a prexubilación dunha persoa que tanto aportou a esta empresa.

Esta decisión, ao igual que a adoptada hai poucos meses en Galicia, fai que nos reafirmemos en:

1.- A empresa non pretende negociar.
2.- Existe unha completa falta de sensibilidade de cara aos traballadores de base de Tragsatec tal e como queda demostrado ao por nunha situación imposible a unha compañeira de máis de 60 anos de idade. 

lunes, 19 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. APROBADO O ESTATUTO DO FAS 2012

A semana pasada aprobouse o novo Estatuto do Fondo de Asistencia Social 2012 para Tragsatec Galicia.

A data límite para presentar a solicitude de Fondos é de 15 de xaneiro de 2013.

jueves, 15 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. PROTESTAS POLA SUPRESIÓN DA PAGA EXTRA E POLOS DESPIDOS

¡¡GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

O martes 13 de novembro, os traballadores de Tragsatec Galicia nos manifestamos na porta da Delegación que o Grupo Tragsa ten en Santiago de Compostela en contra da reducción salarial que supón a aplicación do RD-Ley 20/2012 e pola política de despidos que está a levar a cabo a empresa.

Consideramos que a aplicación do citado RD é INXUSTA, INNECESARIA e unha ESTAFA xa que non contribúe de ningunha maneira á estabilidade orzamentaria do Estado.

A aplicación deste Real Decreto supón que aos traballadores do Grupo Tragsa se lles aplique o dereito privado, a través das sucesivas Reformas Laborais aprobadas polos distintos governos, e o dereito público, a través do citado Real Decreto-Ley.

Ademáis diso, consideramos que os axustes que se están a facer para compensar a perda de encargos e a baixada de producción, estanse a focalizar exclusivamente nos traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar ningunha clase de reestructuración e de aforro no organigrama. Esiximos que a empresa cese os despidos na delegación xa que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz de manter postos directivos debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos e todas.

Estamos convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non é solución a esta situación. É necesario que se recuperen antigos clientes e que se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.

Este tipo de accións repetiranse en outros centros de traballo que Tragsatec ten en Galicia nas seguintes datas:

Lugo: 28 de novembro ás 11:00.
Ourense: 12 de decembro ás 11:00.
Pontevedra: 17 de decembre ás 11:00.

POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS

miércoles, 14 de noviembre de 2012

TRAGSATEC NA MANIFESTACIÓN DE SANTIAGO POLA FOLGA XERAL #14N

Preparándonos para comenzar a marcha
O PUÑO sempre gañou á tesoura. ADIANTE!!!!

Alá imos!!!

Na Praza da Quintana. Enchémola dúas veces!!!!

martes, 13 de noviembre de 2012