Incorporamos como enlace permanente do blog a Guía de Prestacións 2013 editada polo sindicato.
viernes, 27 de septiembre de 2013
miércoles, 25 de septiembre de 2013
Tragsatec. Escrito á Comisión Interministerial e horario de inverno
Como sabedes polo noso último comunicado, o ERE formulado pola Empresa atrasábase para despois do verán pola obriga de pasar pola Comisión Técnica Interministerial, que debe autorizar os Procedementos de Despedimento Colectivo nas empresas públicas.
Dende a Sección Sindical de CCOO preparamos un escrito que enviamos á devandita Comisión, con argumentos en contra do ERE en Tragsatec, e que aproveitamos para achegarvos.
Seguimos sen ter ningún tipo de comunicación ao respecto por parte da Dirección da empresa.
Por outra banda, como temos coñecemento de que a empresa está a solicitar unha "estimación" ou "orientación" do horario que faremos durante a xornada de inverno, debendo especificar as horas de entrada e saída de mañá e tarde, aproveitamos este envío para recordar a TODOS os nosos dereitos e obrigas:
1.- A estancia obrigatoria no posto de traballo é dende as 9:30 ás 13:45
2.- Fora da estancia obrigatoria o persoal pode organizarse para cumprir a xornada semanal (41 horas e 20 minutos). Para elo, as oficinas deberían estar abertas de luns a venres de 7:45 ata as 21:00. Recomendamos que aqueles que queiran traballar os venres pola tarde, que o comuniquen á empresa para asegurarse de que a oficina estará aberta.
3.- O persoal pode acumular horas dun día para outro e dunha semana á seguinte. Neste último caso o límite de acumulación é de 5 horas.
4.- O persoal non ten a obriga de facilitar á empresa ningunha "estimación" ou "orientación" do seu horario diario. Recomendamos a aqueles que voluntariamente faciliten esa información á empresa que fagan constar que a mesma non supón ningún tipo de obriga de cumprimento do horario estimado e que cada quen pode varialo voluntariamente sen xustificación ou comunicación previa á empresa.
En todo caso estamos á vosa disposición por se tedes algún problema ou dúbida con este ou con calquera outro asunto.
Escrito á Comisión Interministerial
martes, 17 de septiembre de 2013
TC admite novas cuestións de inconstitucionalidade contra a supresión da extra de Nadal
O
pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite tres novas cuestións de
inconstitucionalidade contra o Real Decreto-Lei 20/2012 polo que o Goberno
suprimiu a paga extra de Nadal aos empregados públicos, que se suman a unha
admitida xa o pasado 29 de maio.
sábado, 10 de agosto de 2013
SEPI compra o 20% de Indra
Recomendamos a lectura desta publicación sobre a compra do 20% de Indra por parte de SEPI (principal accionista de Tragsa).
viernes, 26 de julio de 2013
Tragsatec. DPO pagada. ERE aprazado.
O
pasado 24 de xullo as Seccións Sindicais en Tragsatec tivemos unha
reunión coa dirección da empresa na que se nos informou
oficialmente do aprazamento do ERE ata pasadas as vacacións de
verán, debido a procedementos especificos de autorizacións
especiais que levan as empresas pertencentes ao Sector Público
(Comisión Interministerial). Non puideron darnos unha data concreta
de inicio de procedemento, o único que dixeron é que ata setembro
non se iniciará ningún contacto a este respecto coas Seccións
Sindicais nin se facilitará documentación nin información ningunha
ata poucos días antes do inicio do período de consultas.
Previamente terán que actualizar os datos a unha data máis próxima
ao inicio da negociación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)