viernes, 11 de octubre de 2013

ERE Tragsatec. Notificada convocatoria inicio período de consultas

Hoxe notificouse a convocatoria para o inicio do período de consultas o próximo día 17 de outubro ás 9 da mañá.

Previamente a esta reunión convocóusenos a unha reunión o próximo 15 de outubro as 11:30 para transmitirnos información relativa ao "estudo produtivo, económico, organizativo e de dimensionamento, que sirvan de base e posibilite o comezo da negociación."


Por parte desta Sección Sindical estarán na mesa de negociación, ademáis de asesores do sindicato, os seguintes compañeiros de Tragsatec:

Claudio Landeira Berdullas
Elio Galindo Perejón
Carmen Torrente Póveda

En canto teñamos máis noticias, informarémosvos.

jueves, 10 de octubre de 2013

Tragsatec. Aumentan beneficios, FAS conxelado e mantense a DPO

Onte 9 de outubro houbo unha reunión dos Comités de Empresa en Galicia coa Dirección. Ademáis da información sobre a situación da empresa na Delegación, tamén nos informaron sobre a conxelación do FAS e de que se mantén activo o p´roximo pagamento da DPO

ERE Tragsatec. Constitución da Comisión Representativa

O pasado 8 de outubro de 2013 acordouse a constitución da Comisión Representativa que deberá negociar o procedemento de despedimento colectivo en Tragsatec.

Publicamos un comunicado conxunto con UGT e acta de acordo.

lunes, 30 de septiembre de 2013

ERE Tragsatec. Inicio procedemento de despedimento colectivo

Estimadas Compañeiras, Estimados Compañeiros,

Acábase de comunicar aos Representantes dos Traballadores a intención, por parte da empresa, de iniciar un procedemento de despedimento colectivo ao abeiro do art.º 51 do Estatuto dos Traballadores (achegamos carta), segundo o establecido no RD. 11/2013 de 2 Agosto. (seguir lendo no adxunto).

Estamos á vosa disposición.

Cando teñamos máis información, comunicarémosvola.

Comunicado

Escrito entregado pola empresa

Tragsatec. Subcontratacións de novos encargos e contratación de novo persoal



Achegamos un comunicado sobre a contratación de 50 novos auxiliares administrativos para un proxecto de xestión de bolsas e sobre a subcontratación de máis de 2,5 millóns de euros en encomendas do Ministerio de Xustiza. Este último asunto, dada a súa importancia en canto a desvío de fondos públicos, levouse á Mesa do Congreso a través do grupo La Izquierda Plural.