miércoles, 29 de enero de 2014

ERE Tragsatec. Comunicación de demanda de PDC por parte da empresa

Estimad@s compañeir@s,

Algúns de nos recibimos unha carta de comunicación por parte da empresa, con data 27 de xaneiro, na que en cumprimento do artigo 124.9 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, a Dirección da empresa notifica aos colectivos afectados polo Procedemento de Despedimento Colectivo (PDC) que existen varias demandas colectivas interpostas por varias Seccións Sindicais contra a empresa.

Esta notificación, tal e como adiantamos no noso anterior comunicado, non significa que tódolos que recibimos a carta vaiamos a ser despedidos, senón que se enviou a tódalas persoas pertencentes aos colectivos afectados polo PDC.

Polo tanto, esta notificación é para que todo aquel que estea interesado en recibir a sentenza coñeza os números de procedemento para comunicarlle á Audiencia Nacional a súa dirección para que esta lla poida enviar.

Todo aquel que prefira comunicarllo directamente á Audiencia Nacional acudindo ao Rexistro ou mediante carta certificada pode facelo, pero aquel que non queira ou non poida adoptar esta vía, pode facernos chegar a tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es unha dirección de correo electrónico persoal, a cal incorporaremos a unha lista de distribución da Sección Sindical de Comfia-CCOO de Tragsatec en Galicia, que usaremos para comunicar e remitir a tódolos que se dirixisen a nós a sentenza da demanda colectiva. Tamén podedes subscribirvos ao blog da Sección Sindical no que informaremos puntualmente de calquera novidade sobre o PDC

Independentemente da vía elixida, recomendámosvos que todos e todas esteades pendentes de como vaian sucedendo os acontecementos.

Seguiremos informando

jueves, 23 de enero de 2014

Tragsatec. Comunicado da Sección Sindical Estatal

Publicamos un novo comunicado da Sección Sindical Estatal  que trata os seguintes temas:

1.- Adscricións voluntarias ao PDC
2.- Notificación da empresa aos traballadores sobre a demanda colectiva contra o PDC
3.- Novo Real Decreto-Lei 16/2013 de 20 de decembro que afecta aos cheques comedor
4.- Ampliación da redución de xornada por coidado de menor.

lunes, 30 de diciembre de 2013

ERE Tragsatec. Presentada demanda perante a Audiencia Nacional

Informamos que hoxe as Seccións Sindicais de CC.OO, UGT e CGT interpuxemos demanda perante a Audiencia Nacional contra o ERE en Tragsatec.

jueves, 19 de diciembre de 2013

Escrito presentado por Martín Piñeiro

Queremos facer público este escrito do compañeiro Martín Piñeiro, exemplo de compañeirismo e solidaridade.

Apertas!!!

Escrito presentado
________________________________
De: Martin Piñeiro Gonzalez
Enviado: miércoles, 18 de diciembre de 2013 8:47
Para: Comité Tragsatec Coruna
Asunto: Solicitude

Bos días:

Xunto á miña solicitude de FAS que presento no día de hoxe, achego este escrito que pido que sexa tido en conta pola vosa parte e comunicado ao resto de traballador@s<mailto:traballador@s> por consideralo unha reclamación de xustiza social.

Moitas grazas. Saúdos,