jueves, 29 de noviembre de 2012

NOVO ENCARGO EN TRAGSATEC E CALENDARIOS LABORAIS 2013

A Dirección de Tragsatec na Delegación de Galicia acaba de comunicar que aqueles que actualmente teñan pouca carga de traballo terán a oportunidade de traballar nesta nova encomenda de xestións de becas en Delegacións do Ministerio de Educación.

Sendo esta unha noticia positiva, consideramos imprescindible que se esgoten tódalas posibilidades para que esta nova encomenda sexa cuberta ao 100% por persoal actualmente contratado, tratando así de conservar postos de traballo.

 
Na tarde de onte o Comité de Empresa de Tragsatec Coruña reuniuse coa empresa para negociar o calendario laboral 2013.

Nesa reunión, nos informaron do encargo dunha nova encomenda que consiste en xestionar becas en delegacións do Ministerio de Educación. Para levar a cabo os traballos, a empresa pretende contratar a 17 novos Oficiais de 2ª Administrativos na modalidade de Obra ou Servizo Determinado. Esta Sección Sindical solicitou á empresa que se nos facilitara os informes que xustifican esas contratacións xa que, segundo o RD 2/2012 de Presupostos Xerais do Estado, as Sociedades Mercantís Públicas teñen prohibido realizar calquera nova contratación temporal se non está debidamente xustificada.

Independentemente do anterior, esta Sección Sindical non alcanza a comprender como a Dirección da Empresa vai contratar novo persoal, cando temos problemas de carga de traballo.

Non podemos admitir que a empresa despida persoal con varios anos de experiencia, que o organigrama se manteña por riba de todo e, por se non é suficiente, agora pretendan contratar novo persoal para facer uns traballos do que se pode ocupar os que estamos nesta casa.

Ademáis da prohibición que supón o RD 2/2012, a Dirección de RRHH trasmítenos en cada reunión que a “Política da Empresa” é manter e defender os actuais postos de traballo. Sería fantástico se fora certo. ¡¡Estanos a tomar o pelo!!

Sí, esta Sección Sindical considera que é necesaria una acción sindical máis "combativa". Debemos deixar a un lado os medos e dicirlle claramente á empresa ¡¡¡ASÍ NON!!! As mobilizacións comezaron en Galiza, continuarán en Valencia e pronto, se a empresa non cambia de actitude, a indignación, o astío e o noxo extenderanse como a pólvora por tódolas delegacións do Grupo Tragsa.

En outro orde de cousas, aproveitamos a reunión para que nos respondan se o persoal con xornada reducida ten a mesma flexibilidade horaria que o persoal con xornada ordinaria. A empresa trasladará a consulta a Relacións Laborais e darán unha resposta.

Achegamos os calendarios de oficina de Coruña e Santiago, cando teñamos os calendarios de campo e das outras provincias farémosvolo chegar.

¡¡Seguimos loitando!!

Este é o calendario de próximas mobilizacións:

Tragsatec Ourense: 12 de decembro de 11:00 a 12:00
Tragsatec Pontevedra: 17 de decembro de 11:00 a 12:00

¡¡PARTICIPADE!! ¡¡XUNTOS TEMOS MÁIS FORZA!!

CALENDARIO LABORAL CORUÑA 2013

CALENDARIO LABORAL SANTIAGO 2013

lunes, 26 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. SEGUEN AS MANIFESTACIÓNS

No pasado mes outubro tivemos a última reunión coa dirección da empresa na que mostramos a nosa disconformidade cos despedimentos de compañeiros con varios anos de experiencia  producidos na nosa delegación.

Puxemos de manifesto que os axustes que se están a facer para compensar a perda de encargos e a baixada de produción, estanse a focalizar exclusivamente nos traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar ningunha clase de reestruturación e de aforro no organigrama. Moi pola contra, observamos estupefactos os inexplicables e inexplicados nomeamentos de novos postos que adquiren a condición de intocables.

¿Onde está a Lei de Transparencia?. Os salarios de Subdirectores, Directores, Delegados Provinciais e Autonómicos, Secretaría Xeral, Presidente... deben ser públicos. Sabemos canto cobra o Presidente do Goberno, pero non podemos saber canto cobra o Presidente do Grupo Tragsa. ¿Quen entende isto?

A empresa négase a facilitar este información. Reafírmanse na súa política de despedimentos e de mantemento de organigrama e seguen a manter os salarios dos directivos como información non pública a pesar de que son aboados con capital público.

Estamos convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non é solución a esta situación. Se a empresa é capaz de manter e ampliar o organigrama, debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos. Para iso, é necesario que se recuperen antigos clientes e que se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.

O martes 13 de novembro, tal e como se acordara no pleno do Comité de Empresa e entre as tres forzas sindicais, os delegados sindicais de Tragsatec Galicia manifestámonos na porta da Delegación en Santiago, dando comezo así a unha acción sindical máis combativa.

Os delegados Sindicais de CC.OO. repetiremos as manifestacións nos centros de traballo que Tragsatec ten en Lugo, Ourense e Pontevedra en horario de 11:00 a 12:00 e co seguinte calendario:

Lugo: 28 de novembro. C/ Salmón, 8-10 entlo. Edificio África.
Ourense: 12 de decembro. C/ Coruña, 28 Bajo
Pontevedra: 17 de decembro. Avda. Juan Carlos I, Nº 6-8

Convidamos e animamos a que os que queirades participar activamente, dediquedes os vosos 20 minutos de café a acompañarnos.

XUNTOS TEMOS MÁIS FORZA.

POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS

miércoles, 21 de noviembre de 2012

SEGUEN OS DESPEDIMIENTOS EN TRAGSATEC, ESTA VEZ EN VALENCIA

A Dirección da Empresa comunicou onte ao Comité de Empresa de Tragsatec en Valencia o despedimento obxetivo de 4 compañeiros con moitos anos de experiencia na casa (algún con máis de 11 anos). Ademáis diso, comunicou tamén o desprazamento de Valencia a Madrid e a baixada salarial de dous compañeiros (un deles con máis de 60 anos de idade).

É inaceptable que a Empresa tome este tipo de medidas cando estamos ás portas de iniciar unha negociación global para tratar de solucionar os problemas en Tragsatec. Nin sequera plantexaron medidas alternativas como podería ser a prexubilación dunha persoa que tanto aportou a esta empresa.

Esta decisión, ao igual que a adoptada hai poucos meses en Galicia, fai que nos reafirmemos en:

1.- A empresa non pretende negociar.
2.- Existe unha completa falta de sensibilidade de cara aos traballadores de base de Tragsatec tal e como queda demostrado ao por nunha situación imposible a unha compañeira de máis de 60 anos de idade. 

lunes, 19 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. APROBADO O ESTATUTO DO FAS 2012

A semana pasada aprobouse o novo Estatuto do Fondo de Asistencia Social 2012 para Tragsatec Galicia.

A data límite para presentar a solicitude de Fondos é de 15 de xaneiro de 2013.

jueves, 15 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. PROTESTAS POLA SUPRESIÓN DA PAGA EXTRA E POLOS DESPIDOS

¡¡GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

O martes 13 de novembro, os traballadores de Tragsatec Galicia nos manifestamos na porta da Delegación que o Grupo Tragsa ten en Santiago de Compostela en contra da reducción salarial que supón a aplicación do RD-Ley 20/2012 e pola política de despidos que está a levar a cabo a empresa.

Consideramos que a aplicación do citado RD é INXUSTA, INNECESARIA e unha ESTAFA xa que non contribúe de ningunha maneira á estabilidade orzamentaria do Estado.

A aplicación deste Real Decreto supón que aos traballadores do Grupo Tragsa se lles aplique o dereito privado, a través das sucesivas Reformas Laborais aprobadas polos distintos governos, e o dereito público, a través do citado Real Decreto-Ley.

Ademáis diso, consideramos que os axustes que se están a facer para compensar a perda de encargos e a baixada de producción, estanse a focalizar exclusivamente nos traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar ningunha clase de reestructuración e de aforro no organigrama. Esiximos que a empresa cese os despidos na delegación xa que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz de manter postos directivos debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos e todas.

Estamos convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non é solución a esta situación. É necesario que se recuperen antigos clientes e que se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.

Este tipo de accións repetiranse en outros centros de traballo que Tragsatec ten en Galicia nas seguintes datas:

Lugo: 28 de novembro ás 11:00.
Ourense: 12 de decembro ás 11:00.
Pontevedra: 17 de decembre ás 11:00.

POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS