Publicamos nota de prensa da Sección Sindical Estatal sobre o aprazamento do xuizo do ERE de Tragsatec ao 27 de maio.
Nota de prensa
miércoles, 26 de marzo de 2014
Tragsatec. Elección de nov@ Delegad@ Sindical (LOLS)
Como sabedes o noso compañeiro Víctor Barón vaise da empresa. Iso implica que Aranzazu Torrecillas pasará a ser a partir de mañán membro de pleno dereito do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña e deixará de ser Delegada Sindical deste Sección Sindical sendo preciso elixir a outra persoa que asuma a responsabilidade de Delegada/o Sindical.
Polo tanto convócase ás afiliadas e afiliados de CC.OO en Tragsatec A Coruña a un plenario que se celebrará mañán 27 de marzo as 17:00 en dependencias de CC.OO en San Lázaro (enfrente ao Hotel "Puerta del Camino") para proceder á votación de candidaturas presentadas.
As Afiliadas e Afiliados da provincia de A Coruña poden presentar a súa candidatura a Delegada/o Sindical ata mañán 27 de marzo as 12:00 enviando un correo electrónico a esta Sección Sindical (tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es)
martes, 25 de marzo de 2014
Convenio Enxeñarías. Presentación de plataformas
Publicamos un comunicado de Comfia-CC.OO sobre a presentación das plataformas de negociación da parte social e da patronal.
Como podedes observar a patronal establece como uns dos seus obxectivos a eliminación do Plus de Antiguedade, única forma que temos a día de hoxe de poder percibir unha pequena subida salarial.
Tragsatec. Fondo de Axuda á Vivenda 2013 (FAV2013)
Publicamos un comunicado da Sección Sindical Estatal sobre a convocatoria do FAV 2013.
Tamén actualizamos no blog o enlace permanente ao reglamento do FAV.
sábado, 22 de marzo de 2014
Convenio Enxeñarías. Constitución da mesa negociadora.
Publicamos un comunicado sobre a constitución da mesa negociadora do Convenio Colectivo.
Será unha negociación difícil. A patronal ten unha fixación con suprimir a antiguedade, única forma que temos, neste momento, de poder desfrutar dun pequeno incremento nas nosas retribucións xa que, como sabedes, Tragsatec non aboa os incrementos de IPC pola aplicación da "Ley de Presupuestos Generales".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)