miércoles, 25 de septiembre de 2013

Tragsatec. Escrito á Comisión Interministerial e horario de inverno

Como sabedes polo noso último comunicado, o ERE formulado pola Empresa atrasábase para despois do verán pola obriga de pasar pola Comisión Técnica Interministerial, que debe autorizar os Procedementos de Despedimento Colectivo nas empresas públicas.

Dende a Sección Sindical de CCOO preparamos un escrito que enviamos á devandita Comisión, con argumentos en contra do ERE en Tragsatec, e que aproveitamos para achegarvos.

Seguimos sen ter ningún tipo de comunicación ao respecto por parte da Dirección da empresa.


Por outra banda, como temos coñecemento de que a empresa está a solicitar unha "estimación" ou "orientación" do horario que faremos durante a xornada de inverno, debendo especificar as horas de entrada e saída de mañá e tarde, aproveitamos este envío para recordar a TODOS os nosos dereitos e obrigas:

1.- A estancia obrigatoria no posto de traballo é dende as 9:30 ás 13:45

2.- Fora da estancia obrigatoria o persoal pode organizarse para cumprir a xornada semanal (41 horas e 20 minutos). Para elo, as oficinas deberían estar abertas de luns a venres de 7:45 ata as 21:00. Recomendamos que aqueles que queiran traballar os venres pola tarde, que o comuniquen á empresa para asegurarse de que a oficina estará aberta.

3.- O persoal pode acumular horas dun día para outro e dunha semana á seguinte. Neste último caso o límite de acumulación é de 5 horas.

4.- O persoal non ten a obriga de facilitar á empresa ningunha "estimación" ou "orientación" do seu horario diario. Recomendamos a aqueles que voluntariamente faciliten esa información á empresa que fagan constar que a mesma non supón ningún tipo de obriga de cumprimento do horario estimado e que cada quen pode varialo voluntariamente sen xustificación ou comunicación previa á empresa.

En todo caso estamos á vosa disposición por se tedes algún problema ou dúbida con este ou con calquera outro asunto.

Escrito á Comisión Interministerial

No hay comentarios: