sábado, 12 de abril de 2014

jueves, 3 de abril de 2014

Tragsatec Plan de Formación 2014

Esta dipoñible o  plan de formación da empresa onde están todos os cursos que a empresa detectou como necesidades formativas para este ano 2014.

Recordámosvos que é aos vosos responsables aos que debedes solicitar os cursos nos que esteades interesados máxime cando estean acordes coa actividade dos vosos postos de traballo.

Podes descargarlo aquí.

Seguirémosvos informando.

miércoles, 2 de abril de 2014

ERE Tragsa. Declarado NULO pola Audiencia Nacional

Publicamos a sentenza da Audiencia Nacional na que se declara nulo o ERE plantexado pola Dirección do Grupo Tragsa e un comunicado da Sección Sindical Estatal sobre este asunto.

Esta Sección Sindical esixe a inmediata dimisión do Presidente, Secretario Xeral e de toda a Dirección de RR.HH. do Grupo Tragsa por esta nefasta xestión.


jueves, 27 de marzo de 2014

Tragsatec Elección de novo Delegado Sindical

Informamos que no plenario celebrado esta mesma tarde, nomeouse a Miguel Ángel Carrascosa Cadavid como novo Delegado Sindical (LOLS) desta Sección Sindical para o centro de traballo de A Coruña.


Prestación económica para fillas e fillos

Publicamos un resumo feito pola Secretaría de Política Social, Estudos e Cultura de CC.OO sobre a prestación por fillas e fillos menores de tres anos.

miércoles, 26 de marzo de 2014

ERE Tragsatec. Nota de prensa aprazamento xuizo.

Publicamos nota de prensa da Sección Sindical Estatal sobre o aprazamento do xuizo do ERE de Tragsatec ao 27 de maio.

Nota de prensa

Tragsatec. Elección de nov@ Delegad@ Sindical (LOLS)

Como sabedes o noso compañeiro Víctor Barón vaise da empresa. Iso implica que Aranzazu Torrecillas pasará a ser a partir de mañán membro de pleno dereito do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña e deixará de ser Delegada Sindical deste Sección Sindical sendo preciso elixir a outra persoa que asuma a responsabilidade de Delegada/o Sindical.

Polo tanto convócase ás afiliadas e afiliados de CC.OO en Tragsatec A Coruña a un plenario que se celebrará mañán 27 de marzo as 17:00 en dependencias de CC.OO en San Lázaro (enfrente ao Hotel "Puerta del Camino") para proceder á votación de candidaturas presentadas.

As Afiliadas e Afiliados da provincia de A Coruña poden presentar a súa candidatura a Delegada/o Sindical ata mañán 27 de marzo as 12:00 enviando un correo electrónico a esta Sección Sindical (tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es)

martes, 25 de marzo de 2014

Convenio Enxeñarías. Presentación de plataformas

Publicamos un comunicado de Comfia-CC.OO sobre a presentación das plataformas de negociación da parte social e da patronal.

Como podedes observar a patronal establece como uns dos seus obxectivos a eliminación do Plus de Antiguedade, única forma que temos a día de hoxe de poder percibir unha pequena subida salarial.

Tragsatec. Fondo de Axuda á Vivenda 2013 (FAV2013)

Publicamos un comunicado da Sección Sindical Estatal sobre a convocatoria do FAV 2013. 

Tamén actualizamos no blog o enlace permanente ao reglamento do FAV.

sábado, 22 de marzo de 2014

Convenio Enxeñarías. Constitución da mesa negociadora.

Publicamos un comunicado sobre a constitución da mesa negociadora do Convenio Colectivo.

Será unha negociación difícil. A patronal ten unha fixación con suprimir a antiguedade, única forma que temos, neste momento, de poder desfrutar dun pequeno incremento nas nosas retribucións xa que, como sabedes, Tragsatec non aboa os incrementos de IPC pola aplicación da "Ley de Presupuestos Generales".

martes, 18 de marzo de 2014

ERE Tragsatec e pago DPO

Publicamos un novo comunicado da Sección Sindical Estatal sobre o xuizo xa celebrado do ERE Tragsa e sobre o que se celebrará o vindeiro luns 24 do ERE Tragsatec.

Publicamos tamén un artigo publicado en Infolibre sobre o pagamento de incentivos en empresas en procesos de EREs, entre elas o Grupo Tragsa.


Contra o maior ERE no Sector Público ata o momento
Aquí sobran directivos. Ao fondo a Audiencia Nacional


martes, 11 de marzo de 2014

ERE Tragsatec. Resposta a comentarios de petición de acordo

A seguinte entrada foi publicada no apartado "anuncios libres" do correo de Tragsa e é a resposta a algunhas solicitudes feitas por compañeiros que piden ás Seccións Sindicais que negocien coa empresa e non vaiamos ao xulgado.



ERE Grupo Tragsa. Proposta de acordo presentada pola empresa

Publicamos a proposta de acordo presentada pola empresa perante a Audiencia Nacional e unha noticia relacionada publicada en Infolibre.


ERE Tragsatec. Manual de despedimentos para directivos

Noticia publicada o 10 de marzo en Infolibre.

Non ten desperdicio

Noticia

lunes, 3 de marzo de 2014

Tragsatec. Reunión coa Dirección de Empresa

Publicamos un comunicado sobre a reunión coa Dirección da Empresa do pasado 27 de febreiro na que se trataron os seguintes asuntos:
1.- Información económica estatal 2013
2.- PDC Tragsatec
3.- FAS Tragsatec
4.- Flexibilidade horaria en redución de xornada
5.- Criterios de avaliación para os despedimentos forzosos

viernes, 28 de febrero de 2014

Tragsatec. Reunión Comité de Empresa Coruña coa Dirección

Publicamos un comunicado do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña sobre a reunión que mantiveron coa dirección de empresa o pasado mércores 26 de febreiro.

Comunicado

martes, 25 de febrero de 2014

ERE Tragsatec. Data xuizo.


Publicamos un comunicado da Sección Sinidcal Estatal relativo á data de xuizo pola demanda colectiva interposta contra o Procedemento de Despedimento Colectivo.
 
Tamén publicamos a citación da Audiencia Nacional para o voso coñecemento.

martes, 18 de febrero de 2014

ERE Tragsatec. Inicio despedimentos forzosos.

A dirección de empresa acábanos de comunicar que esta semana iniciarán a fase dos despedimentos forzosos e que esta durará ata o 31 de decembro de 2014, tal e como estaba exposto na memoria explicativa.

 Volvemos a publicar o último comunicado da Sección Sindical Estatal no que explicabamos que facer no caso de recibir calquera notificación de despedimento.

Estamos a vosa disposición para o que poidades precisar.


Comunicado
Nota de prensa


martes, 11 de febrero de 2014

ERE Tragsatec. Primeiros finiquitos

Publicamos un comunicado da Sección Sindical Estatal no que se informa sobre a entrega dos primeiros finiquitos do ERE en Tragsatec e se fai unha serie de recomendacións no caso de recibir a comunicación de despedimento.

Tamén podedes leer este artigo de Laboro se queredes máis información

miércoles, 5 de febrero de 2014

miércoles, 29 de enero de 2014

ERE Tragsatec. Comunicación de demanda de PDC por parte da empresa

Estimad@s compañeir@s,

Algúns de nos recibimos unha carta de comunicación por parte da empresa, con data 27 de xaneiro, na que en cumprimento do artigo 124.9 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, a Dirección da empresa notifica aos colectivos afectados polo Procedemento de Despedimento Colectivo (PDC) que existen varias demandas colectivas interpostas por varias Seccións Sindicais contra a empresa.

Esta notificación, tal e como adiantamos no noso anterior comunicado, non significa que tódolos que recibimos a carta vaiamos a ser despedidos, senón que se enviou a tódalas persoas pertencentes aos colectivos afectados polo PDC.

Polo tanto, esta notificación é para que todo aquel que estea interesado en recibir a sentenza coñeza os números de procedemento para comunicarlle á Audiencia Nacional a súa dirección para que esta lla poida enviar.

Todo aquel que prefira comunicarllo directamente á Audiencia Nacional acudindo ao Rexistro ou mediante carta certificada pode facelo, pero aquel que non queira ou non poida adoptar esta vía, pode facernos chegar a tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es unha dirección de correo electrónico persoal, a cal incorporaremos a unha lista de distribución da Sección Sindical de Comfia-CCOO de Tragsatec en Galicia, que usaremos para comunicar e remitir a tódolos que se dirixisen a nós a sentenza da demanda colectiva. Tamén podedes subscribirvos ao blog da Sección Sindical no que informaremos puntualmente de calquera novidade sobre o PDC

Independentemente da vía elixida, recomendámosvos que todos e todas esteades pendentes de como vaian sucedendo os acontecementos.

Seguiremos informando

jueves, 23 de enero de 2014

Tragsatec. Comunicado da Sección Sindical Estatal

Publicamos un novo comunicado da Sección Sindical Estatal  que trata os seguintes temas:

1.- Adscricións voluntarias ao PDC
2.- Notificación da empresa aos traballadores sobre a demanda colectiva contra o PDC
3.- Novo Real Decreto-Lei 16/2013 de 20 de decembro que afecta aos cheques comedor
4.- Ampliación da redución de xornada por coidado de menor.