miércoles, 29 de enero de 2014

ERE Tragsatec. Comunicación de demanda de PDC por parte da empresa

Estimad@s compañeir@s,

Algúns de nos recibimos unha carta de comunicación por parte da empresa, con data 27 de xaneiro, na que en cumprimento do artigo 124.9 da Lei Reguladora da Xurisdición Social, a Dirección da empresa notifica aos colectivos afectados polo Procedemento de Despedimento Colectivo (PDC) que existen varias demandas colectivas interpostas por varias Seccións Sindicais contra a empresa.

Esta notificación, tal e como adiantamos no noso anterior comunicado, non significa que tódolos que recibimos a carta vaiamos a ser despedidos, senón que se enviou a tódalas persoas pertencentes aos colectivos afectados polo PDC.

Polo tanto, esta notificación é para que todo aquel que estea interesado en recibir a sentenza coñeza os números de procedemento para comunicarlle á Audiencia Nacional a súa dirección para que esta lla poida enviar.

Todo aquel que prefira comunicarllo directamente á Audiencia Nacional acudindo ao Rexistro ou mediante carta certificada pode facelo, pero aquel que non queira ou non poida adoptar esta vía, pode facernos chegar a tragsatec-galicia@comfia.ccoo.es unha dirección de correo electrónico persoal, a cal incorporaremos a unha lista de distribución da Sección Sindical de Comfia-CCOO de Tragsatec en Galicia, que usaremos para comunicar e remitir a tódolos que se dirixisen a nós a sentenza da demanda colectiva. Tamén podedes subscribirvos ao blog da Sección Sindical no que informaremos puntualmente de calquera novidade sobre o PDC

Independentemente da vía elixida, recomendámosvos que todos e todas esteades pendentes de como vaian sucedendo os acontecementos.

Seguiremos informando

No hay comentarios: