miércoles, 19 de diciembre de 2012

TRAGSATEC PONTEVEDRA CONTRA OS DESPIDOS


Tras as protestas nas oficinas de Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, o pasado 17 de decembro CC.OO. e UGT Tragsatec manifestáronse diante das oficinas da empresa en Pontevedra.

Durante o último ano, uns 1.500 compañeiras e compañeiros, moitos amigos, perderon os seus postos de traballo na empresa pública Tragsatec, cifra se eleva ata case 3.000 se temos en conta a todo o Grupo Tragsa. Fronte a isto, a empresa segue a manter por enriba de todo e de todos postos de organigrama con salarios moi superiores á media na empresa, coches que se usan para ir de vacacións e outras prebendas que se converten en intocables. Todo isto con diñeiro público, diñeiro de todos. É unha forma máis, dentro do pequeno mundo que é o Grupo Tragsa, de privatizar beneficios e socializar perdas poñendo en perigo o futuro e a viabilidade da empresa.

Esiximos a paralización inmediata de tódolos despidos e que a Dirección presente á representación dos traballadores a situación real do Grupo. Queremos negociar a forma de reestructurar a empresa, pero para iso é imprescindible que falemos de absolutamente todo. O Grupo Tragsa ten actualmente un organigrama insostible, e agora co ataque brutal que se está a facer contra a base produtiva, estamos chegando a unha situación de “pirámide invertida”. O primeiro que hai que reducir, antes de destruir un so posto de traballo, é o organigrama e as súas prebendas, tanto a nivel central como autonómico.

As mobilizacións que se iniciaron en Galiza, van a extenderse con toda seguridade ao resto do territorio nacional xa que outras comunidades xa se están a ver afectadas por esta política suicida.

Promoveremos e apoiaremos inciativas de rebeldía contra a política de austericidio que iniciou a dirección da empresa levada a cabo por unha auténtica brigada de demolición e limpeza laboral no Grupo Tragsa.

¡¡¡XUNTOS TEMOS MAIS FORZA!!!

¡¡¡É A HORA DE TOMAR PARTE!!!