LA REGIÓN
XORNAL DE GALICIA
Como continuación das protestas iniciadas polos traballadores de TRAGSATEC en Santiago de Compostela e Lugo, o mércores 12 de decembro houbo unha nova concentración diante das oficinas que ten a empresa en Ourense na calle Coruña contra a actual xestión que está a levar a cabo a empresa.

Esixen que a empresa cese os despidos xa que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz de manter postos directivos con coches de empresa para uso persoal e salarios moi por riba da media salarial da empresa, entón debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos e todas.
1500 son os compañeiros e compañeiras, moitos amigos, que perderon os seu emprego en Tragsatec durante o último ano.
Compañeiros e compañeiras con varios anos de experiencia na casa e que, sen embargo, nunca participaron das vacas gordas. Se os beneficios só se reparten entre accionistas e directivos, ¿porque agora temos que pagar todos nos, os presentes e os que xa non están? É unha forma máis, dentro deste pequeno mundo que é o GRUPO PÚBLICO TRAGSA, de privatizar beneficios e socializar perdas.
¡¡É UNHA ABERRACIÓN, UN DESPROPÓSITO!! ¡¡ASÍ NON!!