A Dirección de Tragsatec na Delegación de Galicia acaba de comunicar
que aqueles que actualmente teñan pouca carga de traballo terán a
oportunidade de traballar nesta nova encomenda de xestións de becas en
Delegacións do Ministerio de Educación.
Sendo esta unha noticia positiva, consideramos imprescindible que se esgoten tódalas posibilidades para que esta nova encomenda sexa cuberta ao 100% por persoal actualmente contratado, tratando así de conservar postos de traballo.

Na tarde de onte o Comité de Empresa de Tragsatec Coruña
reuniuse coa empresa para negociar o calendario laboral 2013.
Nesa reunión, nos informaron do encargo dunha nova encomenda que consiste en xestionar becas en delegacións do Ministerio de Educación. Para levar a cabo os traballos, a empresa pretende contratar a 17 novos Oficiais de 2ª Administrativos na modalidade de Obra ou Servizo Determinado. Esta Sección Sindical solicitou á empresa que se nos facilitara os informes que xustifican esas contratacións xa que, segundo o RD 2/2012 de Presupostos Xerais do Estado, as Sociedades Mercantís Públicas teñen prohibido realizar calquera nova contratación temporal se non está debidamente xustificada.
Independentemente do anterior, esta Sección Sindical non alcanza a comprender como a Dirección da Empresa vai contratar novo persoal, cando temos problemas de carga de traballo.
Non podemos admitir que a empresa despida persoal con varios anos de experiencia, que o organigrama se manteña por riba de todo e, por se non é suficiente, agora pretendan contratar novo persoal para facer uns traballos do que se pode ocupar os que estamos nesta casa.

Ademáis da prohibición que supón o RD 2/2012, a
Dirección de RRHH trasmítenos en cada reunión que a “Política da Empresa” é
manter e defender os actuais postos de traballo. Sería fantástico se fora certo.
¡¡Estanos a tomar o pelo!!
Sí, esta Sección Sindical considera que é necesaria una acción sindical máis "combativa". Debemos deixar a un lado os medos e dicirlle claramente á empresa ¡¡¡ASÍ NON!!! As mobilizacións comezaron en Galiza, continuarán en Valencia e pronto, se a empresa non cambia de actitude, a indignación, o astío e o noxo extenderanse como a pólvora por tódolas delegacións do Grupo Tragsa.
En outro orde de cousas, aproveitamos a reunión para que nos respondan se o persoal con xornada reducida ten a mesma flexibilidade horaria que o persoal con xornada ordinaria. A empresa trasladará a consulta a Relacións Laborais e darán unha resposta.
Achegamos os calendarios de oficina de Coruña e Santiago, cando teñamos os calendarios de campo e das outras provincias farémosvolo chegar.

¡¡Seguimos loitando!!
Este é o calendario de próximas
mobilizacións:
Tragsatec Ourense: 12 de decembro de 11:00 a
12:00
Tragsatec Pontevedra: 17 de decembro de 11:00 a
12:00
¡¡PARTICIPADE!! ¡¡XUNTOS TEMOS MÁIS
FORZA!!
CALENDARIO LABORAL SANTIAGO 2013