jueves, 15 de noviembre de 2012

TRAGSATEC GALICIA. PROTESTAS POLA SUPRESIÓN DA PAGA EXTRA E POLOS DESPIDOS

¡¡GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

O martes 13 de novembro, os traballadores de Tragsatec Galicia nos manifestamos na porta da Delegación que o Grupo Tragsa ten en Santiago de Compostela en contra da reducción salarial que supón a aplicación do RD-Ley 20/2012 e pola política de despidos que está a levar a cabo a empresa.

Consideramos que a aplicación do citado RD é INXUSTA, INNECESARIA e unha ESTAFA xa que non contribúe de ningunha maneira á estabilidade orzamentaria do Estado.

A aplicación deste Real Decreto supón que aos traballadores do Grupo Tragsa se lles aplique o dereito privado, a través das sucesivas Reformas Laborais aprobadas polos distintos governos, e o dereito público, a través do citado Real Decreto-Ley.

Ademáis diso, consideramos que os axustes que se están a facer para compensar a perda de encargos e a baixada de producción, estanse a focalizar exclusivamente nos traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar ningunha clase de reestructuración e de aforro no organigrama. Esiximos que a empresa cese os despidos na delegación xa que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz de manter postos directivos debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos e todas.

Estamos convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non é solución a esta situación. É necesario que se recuperen antigos clientes e que se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.

Este tipo de accións repetiranse en outros centros de traballo que Tragsatec ten en Galicia nas seguintes datas:

Lugo: 28 de novembro ás 11:00.
Ourense: 12 de decembro ás 11:00.
Pontevedra: 17 de decembre ás 11:00.

POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS