No
pasado mes outubro tivemos a última reunión coa dirección da empresa na
que tratamos os últimos despidos producidos na nosa delegación.
Puxemos
de manifesto que os axustes que se están a facer para compensar a perda
de encargos e a baixada de producción, estanse a focalizar
exclusivamente nos
traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar
ningunha clase de reestructuración e de aforro no organigrama. Estamos
convencidos de que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz
de manter postos directivos debe ser capaz de
manter, por necesidade, os postos de traballo de todos os
traballadores.
Solicitamos
tamén que, en base a Ley de Transparencia que se aplica no sector
público, se nos facilitara información máis detallada sobre as
retribucións dos
directivos do Grupo Tragsa na Delegación.
A
ambos requerimentos a empresa respondeu negativamente. Reafírmanse na
súa política de despidos e de mantemento de organigrama e seguen a
manter os salarios
dos directivos como información non pública a pesar de son abonados con
capital público.
Estamos
convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non
é solución a esta situación. É necesario que se recuperen antigos
clientes e que
se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración
participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.
Pensamos
que temos motivos máis que suficientes para iniciar unha acción
sindical máis combativa. É por iso que o próximo martes 13 de novembro
os Representantes
Sindicais de Galicia protagonizaremos unha protesta na Delegación do Grupo
Tragsa en Santiago en horario de 10:00 a 13:00. Aplicaremos esta mesma
medida en outros centros de traballo do Grupo Tragsa en Galicia durante
as vindeiras semanas.
Convidamos
e animamos a que os que queirades participar activamente, dediquedes os
vosos 20 minutos de café do martes 13 de novembro a acompañarnos.
XUNTOS TEMOS MÁIS FORZA.
POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS