lunes, 29 de abril de 2013

1 DE MAIO. MOVEMENTO OBREIRO MUNDIAL

O próximo 1 de maio celébrase o movemento obreiro mundial. A data foi decidida durante o Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional celebrado en París en 1889. É unha xornada de recoñecemento aos logros alcanzados polo movemento obreiro e celébrase na maioría dos países do mundo, entre eles España. Conmemórase os feitos acontecidos na cidade norteamericana de Chicago a consecuencia das manifestacións obreiras convocadas para o 1 de maio de 1886.

Dito isto, no breve pdf que se achega explícase de xeito superficial o 1 de maio; resulta do mais sorprendente, ou non, iso queda no concepto que teña cada un, a loita tan "irreal" e "ilexítima" que sinalaban os Gobernos correspondentes, a Patronal correspondente e a Prensa de turno...

Se ben non deixa de ser certo o moito que se avanzou nos dereitos dos traballadores, non deixa de ser clara a seguinte obviedade: Non se logrou absolutamente nada sobre a base de “agáchome e a ver se pasa a onda" e "non é o momento para reclamar"; NUNCA é o momento para solicitar nada que teña que ver con mellorar as condicións de traballo.

Como din algún dos "gurús" da economía e da grande empresa, hai que traballar máis e cobrar menos, ao que habería que contestar, de forma educada, que habería que volver barallar as cacharelas como medida de disuasión ante as dúbidas de fe. É tal o despropósito e a argumentación mesquiña por parte dos que manexan os fíos, que resulta clarividente a lectura deste texto e vexa ao que nos esta levando a loucura de hoxe en día.

Dedicade uns minutos a reflexionar sobre o asunto; non imos a facer proclamas, nin a dicirvos que acudades á manifestación do 1 de maio, pero, por favor, reflexionade en que punto nos atopamos

No hay comentarios: