A política salarial da empresa pública Tragsa é surrealista, por non falar de ética
Os sindicatos con representación na empresa pública Tragsa denuncian que a compañía, da que a SEPI controla a maioría, pechou 2012 con beneficios e, porén, reduciu o salario dos traballadores nun 7% e suprimiu a paga extra de Nadal. Mentres, iso si, repartiu dividendos entre os seus directivos. “Báixase o soldo dos empregados e, por outra banda, prémiase ás elites”, expuxo en comisión parlamentaria o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, “é surrealista, por no cualificalo do punto de vista da ética”.
Beiras repasou o que o catedrático catalán Antoni Domènech denomina “asimetría” entre a organización política e a organización económica da sociedade. “Mentres a política ía democratizándose”, explicou, “as empresas continuaban como monarquías absolutas e autocracias. Despois foron constitucinalizándose cos comités de empresa e o dereito dos traballadores a acceder á información. Agora entramos no proceso inverso”. E Tragsa é bo exemplo do mesmo. O consello de administración da compañía pública négase a fornecer dos datos sobre salarios dos directivos á representación sindical dos asalariados. Nin sequera recibe resposta. Esta mañá, no Parlamento de Galicia, a Xunta tampouco respondeu ás cuestións ao respecto formuladas por Alternativa Galega de Esquerda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario